
e puxéronse alcumes de combate".
Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra
Fisterra está só a cen quilómetros
do lugar onde ficas
estirpado coma cancro da Vía Latea na que transitabas.
Ti, e tantos,
que verquestes bágoas infaustas
sobre a memoria rachada dos homes,
nun tempo infame de vergoña maxenta
e loitos escuros polas rúas.
Matáronvos de noite,
Irmáns,
amparados pola escuridade escorregadiza
que ocultaba a memoria de mataren
a ollada firme dos que loitan pola liberdade.
Matáronte,
Irmán Cipriano,
e xa non compartimos o tempo,
Compartimos todos somentes a fachenda de ser fillos da nada,
da Fisterra maldita que amamos e odiamos a un tempo.
Vós,
que camiñades agora comigo pola senda gris do esquecemento,
pola noite febril do tempo,
por ese camiño que vos arrebataron,
xurdides agora,
Irmáns,
en monolitos e homenaxes,
en fotografías monócromas e tristes
onde unha lus cinsenta vos acende o rostro.
Xurdides inventando a liberdade,
erguendo os puños dende os tómolos anónimos
onde quixeron esquecervos.
Xurdides sangrando berros,
inda que xa nunca vos devolverán o pulso que vos arrebataron,
o sorriso fecundo,
a ollada lúcida e a esperanza
de mirardes de fronte ó camiño mesmo da liberdade.
Porque vos arrebataron o futuro,
e con el o tempo da vosa fala bendita e sublime.
Eu devólvos á vida neste poema,
a memoria toda do voso pulso,
o afán infinito de amardes a verba máis fermosa do mundo,
esa verba triste e luminosa que chamades "Liberdade".
3 Abstraccións:
Fermosa elexía inspirada no exemplo moral e humano dun bo e xeneroso como Cipriano Fernández. Os pobos, certamente, son máis grandes grazas ás persoas que, con esforzo e dedicación, os dignifican día a día. Parabéns polo poema, pola elexía, polo pranto individualizado (pero común) a un home de ben; a un ser humano con maiúsculas.
Qué fermosa entrada, Xoán. Gracias por lembrarte deses republicanos e veciños, irmáns e heroes. que mataron por pensar diferente. Un saúdo
Gracias a ambos, compañeiros. O poema ten o seu tempiño, e noto nel certos detalles que hoxe en día cambiaría, pero preferín deixalo tal e coma estaba porque é unha desas composicións que che saen de dentro. De tódolos xeitos, creo que ten algúns fallos de ritmo.
un saudo dende santiago!
Enviar um comentário