
El é un amante da natureza do seu país. Mirade como apaga o lume,
cos seus zapatos de coiro e a súa camisa impecable.
Dicíame unha ves o meu compañeiro Jacobe Ribeiro, vinculado a NOS-Unidade Popular, que a xente non estaba dacordo coa maioría das súas propostas políticas, pero que cando sucedeu o da manifestación de Galicia Bilingüe moita xente pola rúa os animaba a enfrontarse aos de Gloria Lago/Lagoa. I e que o asunto da lingua é moi delicado. Sorprenderíanse os peperos de ver a cantidade de votantes que teñen que renegarían do partido de levarse a cabo a segregación lingüística que Feijóo/Feixóo prometeu.
O Partido Popular é un partido de dereitas, pero en Galicia ten un pequeno problema para levar a cabo o seu imperialismo cultural: depende dos votos dos galegos. Por iso mesmo, é un gran atrevemento abrir a caixa de pandora da guerra lingüística, porque neste país empregamos a fala o oitenta por cento da poboación, e ninguén vai deixar de facelo porque o ordene o presidentillo de turno.
Agora en serio: ¿Atreverase o señor Feijóo/Feixóo a dividir aos nenos en castelánfalantes e galegofalantes? ¿Terán collóns/cojones para publicar tal medida no Diario Oficial de Galicia? ¿É constitucional unha lei dese tipo?
En fin... non me asusta nada este tipo de medidas demagóxicas. Veredes coma ó final non se atreve a facelo. Imaxinade a situación: nunha clase os meniños galegofalantes, coa súa profesora do bloque -a probe, odiada por todo o corpo diretivo do colexio- intentando que o seu puñado de rapaces falen en galego normativo. Na outra unha trintena de nenos cuios pais pensan que se só estudian en castelán terán máis posibilidades de saír a traballar polo mundo adiante. Porque claro, neste país o futuro que nos queda é marchar polo mundo, coma sempre. Imaxinade aos papás paletos e subnormales deses nenos, insinuando a diario na casa que os galeguiños son tontos e aldeáns. Supoñede agora as ideas que incubarán neses nenos castelánfalantes: está clarísimo: un niño de votantes do PP.
Até o de agora os nenos conviviron nas aulas con toda a naturalidade, aprendendo deste xeito as dúas linguas, sen discriminación de ningún tipo. Os nenos que falaban castelán falábanlle ao profesor en castelán, ainda que a sinatura fora en galego e non pasaba nada. ¿Por que, señor Feijóo/Feixóo, por que? ¿Por que odia este país e a súa cultura?
De tódolos xeitos, eu no fondo estou contento de que sucedan estas cousas: aí tes, Galicia, o que ti escolliches: pasaron cinco días dende a vitoria eletoral e xa ten varias manifestacións convocadas: que se as piscifatorias, que se a lingua, que se a educación pública (O Sindicato de Traballadores do Ensino ten pensado convocar manifestacións se incrementa o apoio económico aos colexios privados, coma prometera)... Vas de cú/culo, señorito de turno.
Que sepan os peperos/pepeiros que imos defende-la nosa língua e a nosa cultura até o final. Vai haber mortes neste país se este señorito segue así, pero que se sepa en toda España e en todo o mundo que temos unha cultura propia, e que non nos imos render. Non me vai dicir a min un pijito/pixito de Vigo que a miña lingua é inferior, e que os meus fillos deben ser segregados por non falar nunha lingua invasiva, retrógrada, bárbara, inferior.
Son estudiante de Filoloxía Hispánica, e isto só me servíu para descubrir a vulgaridade inherente a esta lingua seca e ríxida, burda e simplista que é o castelán. O español precisa de grandes poetas para sacarlle brillo á súa lingua -que os tivo boísimos, dos melloriños do mundo enteiro-; o galego é poesía por sí mesmo: unha velliña do rural, un mariñeiro, un obreiro calquera é tan poeta coma Calderón/Caldeirón. ¡Que carallo!
6 Abstraccións:
non está apagando
évos unha mangueira de gasoil
Galicia sen a súa lingua non é Galicia,ao igual que Castela sen o castelán ou Francia sen o francés;nunca vai a desaparecer...a asignatura pendente é facer sólida a convicción de que ésta é a nosa lingua i está ao mesmo nivel que as outras;por elo nunca debemos deixar que caia no esquecemento.De seres así estaríamos abandoando aos nosos pais e aos nosos avós e isto convertiríanos en bestas.Non existe lei ou decreto que poda rachar con esta afirmación, polo que, o que a mín respeta, soio me queda facer unha cousa:ser eu mesmo e facer uso da conciencia da miña entidade, a miña lingua e a miña cultura;este feito , estou seguro,achégame máis aos homes e mulleres nobles que habitan este mundo e que fan deste planeta un bó lugar para vivir.
GALEGOS!, "por orde e gracia do idioma" como diría o noso benquerido camarada...
Non creo que o castelán sexa inferior, é tan só que nunca fui nin será a miña/nosa lingua.
O que está claro é que os do PP pouco a pouco (coma sempre) han de ir intentando quitar as leis que amparan á nosa lingua...Non nos equivoquemos, eles xamais foron defensores do galego, e nunca o serán.
Unha aperta irmandiña!
a verdaad é que o de manquiña non tenia nin idea é mais vinlle nun programa na galega e vinlle moi revindicativo coa cultura galega
a lingua galega non se vai a conseguir atraves do pp non podemos pretender que un partido que defende a unidade de españa como unica e a lingua castelá como a oficial vaia defender unha lingua oficial en galicia nin en cataluña nin en euskadi
Benvidos ao feudo de novo!!! E isto é o que quere o pobo galego...Meu deus!. Un saúdo, amigo. Gran artigo, coma sempre.
Enviar um comentário