18/06/08

Negras perspectivas (Neria doutra volta)

Disque Neria proclamou recentemente a Vigo, alcalde de Cée, o seu presidente. Dende logo, sobra dicir o pesimista sentimento que xurdíu en min coma Fisterrán, pois as ideas que ven amosando este novo personaxe da política da Costa son perigosas para a unidade e fraternidade da bisbarra. Polo que se ve, o rexidor ceense ten unha obsesión enfermiza con que Cée debe ser a capital da Costa da Morte, idea que, ademais de absurda, provocou que atacara aos seus máis directos rivais: a Carballo (que se enfronta a Cée como capital económica) e Fisterra (capital histórica, cultural e natural da comarca). A súa actuación absolutamente deplorable no Entroido, no que se enfrontou de fronte á celebración fisterrana situando o concurso de comparsas o mesmo día, é só un dos exemplos. Noutra ocasión, plantou a tódolos alcaldes de Neria polo feito de que a reunión da asociación se celebrou no Faro de Fisterra.
Ademais, a idea de traer ENCE para a zona tamén resulta perigosa, pero para iso terá que enfrontarse a toda a comarca. Veremos como resulta a cousa.
Polo de agora, non fixo nada contra Fisterra, pero non tardará en facelo. A ver se desta volta os fisterráns nos mantemos unidos para evitar que volvan pisotear os nosos dereitos históricos e naturais no entorno da Costa da Morte e de Galicia.

0 Abstraccións:

Contador de visitas (dende o 11 de decembro de 2008)

mycheapflights