11/11/09

Roma






Suxa e detestable,
cidade de morte:
das asco.

Arrecendes a pó
e a cadáver insepulto.

Puta,
muller barata que na esquina
te precupas de cheirar debidamente
a colonia barata e alento de tres días.

Vergoñenta,
que te afundes
nun pasado tan inmenso coma cego.

Puta vella,
adobesida,
tan chea de vulgar solemnidade.

¡Quen che víu e quen che ve,
Roma,
terrible e fermoso nome
que fixo tremer ó mundo!
¡Que foi Roma,
que foi da túa gloria senón ruinas e cascotes!

Se da nostalxia se inventase a terra,
ela serías ti, maldita,
porque decaes cada século e te afundes
nun océano de fendas
e agochas inefable o que palpan con temor os séculos.

Xa non es,
Roma,
senón sombra,
e sarcófago non que gardas a túa omnipotencia.

Via dos Foros Imperiais, Roma
noite do 28 de outubro de 2009

Contador de visitas (dende o 11 de decembro de 2008)

mycheapflights